perezgulin.org | Valores, ideas, personas

Non estropeemos a idea das Smart Cities

O desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación nos últimos anos proporciona numerosas oportunidades para mellorar a xestión das nosas vilas e cidades.

Un bo exemplo son os proxectos de Smart Cities dos que se fala moito máis do que aínda tivemos tempo a pensar. Nesta primeira fase de euforia pola información, tentamos encher as cidades de sensores que ofrecen unhas ventaxas directas moi evidentes no curto prazo. A instalación de sensores de rego en función da humidade do chan ou a iluminación por detección de usuarios das rúas permite un aforro inmediato en consumos e unha mellora na eficiencia de utilización de recursos.

Porén este camiño de desenvolvemento da idea das Smart Cities está chamado ao fracaso se non empezamos a pensar nas formas de aproveitamento da información das que poderemos dispor para transformar a información de todos eses sentores en capacidade de análise para a toma de decisións. Así por exemplo, o sensor que eleva a intensidade de luz cando un vehículo se achega, pode servir, non só para a racionalización do consumo enerxético senón tamén para compilar información acerca de aforos segundo horas do día, ou a través de sinxelos algoritmos que relacionen múltiples variables, facer previsións de necesidades inmediatas dos usuarios.

Nesta ocasión non podemos permitir que a ansia de inmediatez nos faga quedar abrumados pola capacidade técnica e tecnolóxica e perdamos de vista que o obxectivo final das Smart Cities ou Cidades Intelixentes debe ir máis aló de trasladar a domótica á escala de cidade. O verdadeiro interese desta nova capacidade de monitorizar resulta no feito de que podemos contar con enormes volumes de información que pode ser organizada de xeito que nos permita unha mellor comprensión dos procesos que se dan nas cidades e mellorar a “experiencia do usuario”.

Nestes primeiros momentos as apostas se centran na implementación de sensores, pero se queremos avanzar verdadeiramente na mellora da habitabilidade e confort das nosas cidades, temos moitísimo campo de traballo de investigación e desenvolvemento de métodos que permitan orientar un volume cada vez maior de datos en información cara unha mellora na nosa capacidade de análise para a toma de decisións.

A capacidade de análise que obteñamos de toda esta información nos pode poñer no camiño das smart decisions, as cales, acompañadas da interactividade que os dispositivos móbiles actuáis permiten, achegarán as decisións públicas ás necesidades reais da cidadanía.

Aeropuertos España-Alemania. No comment

 

Algo más

  • Me dedico a…

    VALORES: Diseño e implemento procesos estratégicos que asientan el éxito de iniciativas individuales y colectivas en la puesta en valor de una identidad claramente identificada.
    IDEAS: Ante las dificultades y retos, movilizo una creatividad multidisciplinar de ideas libres como base de la sustentabilidad de una economía, empresa o iniciativa.
    PERSONAS: A través del desarrollo del potencial de las personas y la construcción de equipos de alto rendimiento, colaboro en la implementación práctica de la identidad y las ideas.

  • RT @TEDxGalicia: TEDxGalicia -- LICENSE APPROVED RENEWAL -- Reserva a data 30/Nov/2012 e atende ás novidades que temos preparadas!!!

  • Algunas fotos

    Una foto de Flickr
    Una foto de Flickr
    Una foto de Flickr
  • RSS TEDxGalicia

  • RSS Fundación Galicia Sustentable