Asumidos e negociados os criterios antes de comenzar o proceso de planificación, estos deberán ser analizados, valorados e, finalmente, considerados en cada decisión tomada.
Dende unha perspectiva de colaboración, o ISA debería seguir unha estrutura que, por un lado describa a coherencia interna con respecto aos criterios para a sustentabilidade e que, ao mesmo tempo, sirva como guía para o establecemento de medidas sobre os efectos previsibles da propuesta de planeamento que non contribúan á consecución dos obxectivos establecidos para que o planeamento nos achegue a unha situación de sustentabilidade.
Esta explicación o xustificación razonada das decisións tomadas flexibiliza o proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) e permite ao planificador introducir especificacións respecto das condicións especiales do seu ámbito que, en definitiva, deben sera as que limiten finalmente a proposta de planeamiento.
É previsible que toda actuación sobre a ordenación do territorio produza efectos ambientais. O ISA debe destacar estas características, así como toda información ou estudo relevante, para cumplir cunha última tarea que é a que aporta un valor engadido especial a este documento. Unha vez deseñada a propuesta de planeamiento, açinda integrando os criterios de sustentabilidade, é previsible que sigan a se producir determinados efectos. Sólo cando estes efectos estén correctamente identificados e caracterizados, poderán establecerse medidas adecuadas para a corrección, mitigación, atenuación dos mesmos ou incluso para a súa potenciación no caso de se tratar de efectos positivos.
A Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) do urbanismo en Galicia debe ser a ferramenta que xogue un importante papel na planificación estratéxica cara a sustentabilidade. Enfocado dende a perspectiva dun instrumento flexible, máis próximo á negociación que ao control, debe ser adaptado ás diferentes realidades avaliadas.
É ben sabido que Galicia ten un modelo de asentamentos humanos cuxa característica fundamental é a dispersión e, sen tratar de introducir novos modelos ou tendencias non identificadas coa ordenación histórica do noso territorio, estou convencido de que é posible utilizar a AAE das figuras de ordenación do territorio e do urbanismo para traballar por unha xestión eficiente desta característica.
Para iso é necesario que o órgano ambiental da Xunta de Galicia asuma un papel colaborativo máis que fiscalizador, un papel que permita o traballo conxunto entre planificadores e avaliadores para establecer un marco de traballo que se desenvolva por propia coherencia interna do proceso de planificación.
Para que a Avaliación Ambiental Estratéxica se asente e cumpra cos obxectivos pretendidos nas normativas que a regulan, é preciso traballar cun sentido proactivo e non quedarse á espera de avaliar o que os promotores propoñan.
A Avaliación Ambiental Estratéxica define un proceso asemellable ao enfoque de marco lóxico (enfoque utilizado pola Unión Europea para o deseño dos proxectos que financia). Este enfoque de planeamento considera que a execución final dun proxecto é consecuencia dunha serie de decisións previas cunha relación causal interna. Así, dende a perspectiva dos efectos ambientais, moitas das nosas opcións pasan por a actuación nas fases iniciais de planeamento que condicionarán os futuros proxectos con premisas que xa teñen incorporados os criterios de sustentabildade na súa definición.
As distintas normativas que regulan o procedemento de Avalición Ambiental Estratéxica (AAE) coinciden en que o obxectivo é o de promover un desenvolvemento sustentable, acadar un elevado nivel de protección do medio e contribuír á integración dos aspectos ambientais na preparación e adopción de plans e programas, mediante a realización dunha avaliación ambiental estratéxica daqueles que poidan ter efectos significativos sobre o medio.
Tendo en conta as dúas consideracións precedentes, o proceso definido pola AAE obriga a ter en consideración os previsibles efectos ambientais dos plans e programas, ao mesmo nivel que os económicos e sociais. E, para que isto teña verdadeira utilidade o proceso de AAE debe ser iniciado nos primeiros momentos, cando todas as opcións de planeamento, inlcuída a de non levalo a cabo, están todavía abertas.