Un primeiro ao respecto da necesidade de “dotar de servizos ao conxunto da poboación de Galicia”. Para afrontarmos o territorio cunha perspectiva estratéxica e verdadeiramente de país o conxunto non debe ser interpretado como “dotar de servizos a todos e cada un dos concellos”.
Dito esto, considero que tamén sería responsable introducir un nova liña de debate ao respecto de “impulsar procesos socioeconómicos que dinamicen as áreas con menor peso demográfico”. É realmente necesario dinamizar as áreas con menor peso demográfico, ou sería máis interesante comezar a traballar para xestionar a baixísima densidade cara onde avanzan algunhas provincias e concellos de Galicia?