21
Oct

Cando, nos últimos meses do último goberno de Fraga, a Xunta me contratou para a transposición a Galicia da Directiva 2001/42/CE de avaliación dos efectos de determinados plans no medio, ninguén sabía moito deste tema e por iso foi preciso traballar a reo en atopar referencias válidas para apoiarme no deseño dun procedemento para a Avaliación Ambiental Estratéxica en Galicia foi esta referencia da que vou falar.

É certo que durante o bipartito a Avaliación Ambiental Estratéxica comezou a facerse un espazo, coa enorme dificuldade que entraña introducir calquera procedemento de avaliación nunha administración. Houbo moitas cousas que se fixeron mal porque era a primeira vez que afrontábamos determinados problemas dende unha perspectiva holística e aplicando criterios de corresponsabilidade. Porén foi un equipo multidisciplinar ben liderado a que permitiu sentar unhas bases sólidas sobre as que construir un proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica que nos situara na vangarda polo que a aplicación deste novo procedemento se refire.

Os procedementos de avaliación estratéxica deben ser todo o obxectivos que sexa posible e por suposto dende unha perspectiva de longo prazo xa que non estamos a falar de política, senon de continuidade nas garantías de control sobre os efectos no medio das decisións estratéxicas dos gobernos. Polo tanto, deberíase procurar un pacto consensuado entre forzas políticas e axentes sociais para poder ofrecer unhas garantías mínimas para a cidadanía en termos de sustentabilidade. Porén isto non acontece deste xeito e o problema o podemos ver manifestamente agora tras o cambio de goberno xa que se perdeu todo vínculo coa parte máis conceptual dun procedemento que estaba a nacer.

Por unha parte está a subcontratación da empresa TRAGSATEC que non ten ningún éxito en canto á continuidade xa que non ten unha estrutura de servizos axeitada nin capacidade de xestión para continuar cun proceso do que non formou parte en ningún momento.

Por outra parte está o sufrimento que ten calquera idea nacente que non sexa rematada no periodo de mandato dun determinado goberno. Non se trata de criticar á Xunta actual en termos de contidos da AAE xa que me consta que os grandes erros que se están a dar neste proceso non son resultado dun determinado posicionamento político (aínda que tamén podería ser). O problema está en que as xentes que mandan (responsables de planeamento estratéxico e de avaliación ambiental) non saben de onde veñen as decisións previas que sustentan o proceso, e o que resulta máis preocupante é que parecen demostrar que nin moito menos saben cara onde queren ir.

Enlazando co principio voume atrever a recomendar un punto de partida básico para quen queira afrontar con garantías os retos de traballar en Avaliación Ambiental Estratéxica. Trátase dun recurso educativo aberto para Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) baseado na extensa labor de investigación na Oxford Brookes University que está posto a disposición de quen o queira utilizar a través da Universidade das Nacións Unidas. A profesora Riki Therivel é a autora principal do contido para os módulos do curso, a Wiki e a guía eduacional e segue a colaborar na supervisión e no estudo do desenvolvemento deste recurso educativo aberto.

1 Star2 Stars3 Stars4 Stars5 Stars (No Ratings Yet)
Loading ... Loading ...
Category : otro punto de vista | Blog
12
Mar

Asumidos e negociados os criterios antes de comenzar o proceso de planificación, estos deberán ser analizados, valorados e, finalmente, considerados en cada decisión tomada.

Dende unha perspectiva de colaboración, o ISA debería seguir unha estrutura que, por un lado describa a coherencia interna con respecto aos criterios para a sustentabilidade e que, ao mesmo tempo, sirva como guía para o establecemento de medidas sobre os efectos previsibles da propuesta de planeamento que non contribúan á consecución dos obxectivos establecidos para que o planeamento nos achegue a unha situación de sustentabilidade.

Esta explicación o xustificación razonada das decisións tomadas flexibiliza o proceso de Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) e permite ao planificador introducir especificacións respecto das condicións especiales do seu ámbito que, en definitiva, deben sera as que limiten finalmente a proposta de planeamiento.

É previsible que toda actuación sobre a ordenación do territorio produza efectos ambientais. O ISA debe destacar estas características, así como toda información ou estudo relevante, para cumplir cunha última tarea que é a que aporta un valor engadido especial a este documento. Unha vez deseñada a propuesta de planeamiento, açinda integrando os criterios de sustentabilidade, é previsible que sigan a se producir  determinados efectos. Sólo cando estes efectos estén correctamente identificados e caracterizados, poderán establecerse medidas adecuadas para a corrección, mitigación, atenuación dos mesmos ou incluso para a súa potenciación no caso de se tratar de efectos positivos.

1 Star2 Stars3 Stars4 Stars5 Stars (No Ratings Yet)
Loading ... Loading ...
Category : otro punto de vista | Blog
7
Mar

A Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) do urbanismo en Galicia debe ser a ferramenta que xogue un importante papel na planificación estratéxica cara a sustentabilidade. Enfocado dende a perspectiva dun instrumento flexible, máis próximo á negociación que ao control, debe ser adaptado ás diferentes realidades avaliadas.

É ben sabido que Galicia ten un modelo de asentamentos humanos cuxa característica fundamental é a dispersión e, sen tratar de introducir novos modelos ou tendencias non identificadas coa ordenación histórica do noso territorio, estou convencido de que é posible utilizar a AAE das figuras de ordenación do territorio e do urbanismo para traballar por unha xestión eficiente desta característica.

Para iso é necesario que o órgano ambiental da Xunta de Galicia asuma un papel colaborativo máis que fiscalizador, un papel que permita o traballo conxunto entre planificadores e avaliadores para establecer un marco de traballo que se desenvolva por propia coherencia interna do proceso de planificación.

Para que a Avaliación Ambiental Estratéxica se asente e cumpra cos obxectivos pretendidos nas normativas que a regulan, é preciso traballar cun sentido proactivo e non quedarse á espera de avaliar o que os promotores propoñan.

1 Star2 Stars3 Stars4 Stars5 Stars (No Ratings Yet)
Loading ... Loading ...
Category : otro punto de vista | Blog
4
Mar

A Avaliación Ambiental Estratéxica define un proceso asemellable ao enfoque de marco lóxico (enfoque utilizado pola Unión Europea para o deseño dos proxectos que financia). Este enfoque de planeamento considera que a execución final dun proxecto é consecuencia dunha serie de decisións previas cunha relación causal interna. Así, dende a perspectiva dos efectos ambientais, moitas das nosas opcións pasan por a actuación nas fases iniciais de planeamento que condicionarán os futuros proxectos con premisas que xa teñen incorporados os criterios de sustentabildade na súa definición.

As distintas normativas que regulan o procedemento de Avalición Ambiental Estratéxica (AAE) coinciden en que o obxectivo é o de promover un desenvolvemento sustentable, acadar un elevado nivel de protección do medio e contribuír á integración dos aspectos ambientais na preparación e adopción de plans e programas, mediante a realización dunha avaliación ambiental estratéxica daqueles que poidan ter efectos significativos sobre o medio.

Tendo en conta as dúas consideracións precedentes, o proceso definido pola AAE obriga a ter en consideración os previsibles efectos ambientais dos plans e programas, ao mesmo nivel que os económicos e sociais. E, para que isto teña verdadeira utilidade o proceso de AAE debe ser iniciado nos primeiros momentos, cando todas as opcións de planeamento, inlcuída a de non levalo a cabo, están todavía abertas.

1 Star2 Stars3 Stars4 Stars5 Stars (No Ratings Yet)
Loading ... Loading ...
Category : otro punto de vista | Blog
---