1
Oct

Onte inauguramos a sede da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico no concello portugués de Vila Real. A nosas sede técnica será na vila portuguesa e tamén contaremos cun centro de formación na Eurocidade Chaves-Verín.

O secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao, lembrou que un dos cometidos é o de “axudar a pensar as cidades; adiantarse ás necesidades do sistema urbano e aportar solucións, ferramentas e capital humano e técnico”.

Xerar coñecemento

Os coordinadores científicos do proxecto da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo, Emilio Fernández Suárez (Universidade de Vigo), Luis Ramos (Universidade de Tras Os Montes e Alto Douro), Francesc Cárdenas (Barcelona Ecología) valoraron a importancia dunha ferramenta que traballe na sustentabilidade.

A Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico nace co obxectivo de xerar coñecemento, acumular capacidade intelectual no territorio da eurorrexión, transferir este coñecemento aos concellos e traballar na formación de persoal especializado.

Os primeiros traballos da axencia será a creación dunha metabase de datos da situación dos municipios integrados no Eixo para desenvolver, a continuación proxectos que se ofrecerán as cidades do Eixo interesadas en implementar políticas de desenvolvemento sostible, impulsar os plans integrais de sustentabilidade urbana, as Axendas 21 e os plans de mobilidade.

ler máis en Galicia Sustentable e no Eixo Atlántico

1 Star2 Stars3 Stars4 Stars5 Stars (No Ratings Yet)
Loading ... Loading ...
Category : otro punto de vista | Blog
14
Jul

Vila Real, 10 de xullo de 2009.- A primeria axencia de ecoloxía urbana transfronteriza de Europa foi constituida hoxe no concello portugués de Vila Real impulsada desde o Eixo Atlántico coa participación da Xunta de Galicia,  a través da consellería de Mediambiente, Territorio e Infraestructuras e da Axencia Portuguesa do Ambiente. A nova axencia terá a súa sede administrativa na vila portuguesa e o seu centro de formación na Eurocidade Chaves-Verín.

O secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao lembrou que un dos cometidos do Eixo é “axudar a pensar as cidades; adiantarse ás necesidades do sistema urbano e aportar solucións, ferramentas e capital humano e técnico”.

Tamén anunciou que a Xunta de Galicia amosuo a súa intención de integrarse na estructura da axencia “a segunda de Europa, e a primeira transfronteriza da UE”.

A elección de Vila Real como sede da nova axencia é o recoñecemento á rexión de Tras os Montes, unha das que máis forte apostaron polo deselvolvemento sustentable e pola creación de fortes ligazóns entre os concellos da zona, a universidade e os axentes sociais. Se trata, ademáis, “dunha aposta polos territorios de baixa densidade poboacional”.

Pola súa banda, os coordinadores científicos do proxecto da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo, Emilio Fernández Suárez (Universidade de Vigo), Luis Ramos (Universidade de Tras Os Montes e Alto Douro), Francesc Cárdenas (Barcelona Ecología) valoraron a importancia dunha axencia de ecoloxía que traballe na sostenibilidade. Na súa presentación, deron datos sobre a situación e evolución dos recursos mundiais e as necesidades humanas, insitindo “na tendencia humana a agruparse en cidades, nun momento histórico donde a poboación mundial que vive nas cidades superou, por primeira vez na historia, a poboación asentada no rural”.

Esta é, dixeron, a “xustificación de crear ferramentas como a axencia de ecoloxía urbana, pensando no apoio as necesiades do sistema urbano”.

A Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico nace co obxectivo de xerar coñecemento, acumular capacidade intelectual no territorio da eurorrexión, tranferir este coñecemento aos concellos e traballar na formación de personal especializado.

Os primerios traballos da axencia será a creación dunha metabase de datos da situación dos municipios integrados no Eixo para desenvolver, a continuación proxectos que se ofrecerán as cidades do Eixo interesadas en implementar políticas de desenvolvemento sostible, impulsar os plans integráis de sostenibilidade urbana, as Axendas 21 e os plans de mobilidade.

Tras a reunión, os representantes municipais visitaron as obras da sede da axencia, que abrirá as súas portas oficialmente no mes de setembro, e asistiron a sinatura da súa constitución que fixeron o alcalde de Vila Real, Manuel Martins, xunto ao secretario xeral do Eixo Atlántico.

en Eixo Atlantico

1 Star2 Stars3 Stars4 Stars5 Stars (No Ratings Yet)
Loading ... Loading ...
Category : otro punto de vista | Blog
4
Jul

Este mes me he incorporado a un nuevo proyecto profesional que es el de creación y coordinación de la Agencia de Ecología Urbana del Eixo Atlántico. La Agencia contará con una sede permanente en Vilarreal (Portugal), y una unidad de formación ubicada en la Eurocidade Chaves-Verín.

La Agencia de Ecología Urbana del Eixo Atlántico pretende trabajar como organismo de soporte para la incorporación de conocimiento en la toma de las complicadas decisiones que se producen en los procesos de planificación estratégica. Para ello tratará de aportar una visión holística para el trabajo sobre las disfunciones de los sistemas que crean los asentamientos humanos.

Personalmente asumo el reto con gran ilusión y espero poder encontrarme nuevamente trabajando con muchas de las personas que he tenido el oportunidad de compartir estos últimos años y que, a la postre, han contribuído a que hoy sea parte de este motivante proyecto.

1 Star2 Stars3 Stars4 Stars5 Stars (No Ratings Yet)
Loading ... Loading ...
Category : otro punto de vista | Blog
---