7
Jun

Ir ao artigo en Vieiros

Interesante artigo que me provoca unha reflexión sobre o noso modelo de asentamentos e sobre a que non teño unha resposta clara pero que si me permitiría introducir algunhas consideracións importantes no tema da relación entre cambio climático e mobilidade.

Normalmente os estudos de mobilidade (como ao que se fai referencia do RACC) relacionan coches e medioambiente sen considerar un elemento fundamental que no fondo provoca os maiores dos efectos sobre o medio, isto é o sobredimensionamento das vías para a circulación de vehículos, sobre todo se facemos a sinxela comprobación de que máis estradas e autoestradas provocan importantes incrementos na utilización do vehículo privado particular.

Pola súa banda ao reflexionar acerca dunha solución que teña en conta exclusivamente os efectos do vehículo utilizado tendemos a considerar os vehículos eléctricos como unha posible solución. Neste caso se obvia que os coches eléctricos requiren de mineirais para fabricar as baterías que replican un modelo de explotación norte sur e que as recargas non solucionan os problemas das emisións namentres non se cambie o mix enerxético baseado en centrais alimentadas por combustibles fósiles. En calquera caso, esta opción precisa das mesmas estradas polas que circulen estes vehículos.

1 Star2 Stars3 Stars4 Stars5 Stars (No Ratings Yet)
Loading ... Loading ...
Category : reflexiones generales | Blog
24
May

Ir ao artigo en Vieiros

Na liña de mceleiro, non é solo que aínda hoxe non exista unha planificiación do territorio senón que o territorio está altamente planificado por partes. Quero dicir que cada Administración está a facer os mellores plans para o seu nicho de poder e ninguén pensa no mellor para Galicia globalmente xa que non se analizan ou consideran os efectos no longo prazo, os sinérxicos, os acumulativos… e o que é peor estes plans non emanan dunha demanda social.

Alguén lle ten que poñer sentido á planificación estratéxica galega e repensar a sociedade dende a esquerda require sentar as bases para acadar unha relación madura co entorno.

1 Star2 Stars3 Stars4 Stars5 Stars (No Ratings Yet)
Loading ... Loading ...
Category : otro punto de vista | Blog
---