Posted by Comments
Onte asistín á inauguración en Pontevedra da exposición “Pontevedra na Cartografía” na que colabora a Fundación Galicia Sustentable.
Cheguei un pouco antes e puiden dar un paseo polo casco antigo de Pontevedra e me agradou a vida que ten e como está recuperado para as persoas. Inicialmente chamoume moito a atención a cantidade de tendas modernas que dinamizan todo o ámbito pero fiquei prendado desta imaxe:
Abaixo e dereita podedes ver un zoom da zona onde está o home a traballar nos seus reloxos e non sería quen de relatar a situación, case que máxica que parecía. O entorno da zona vella de Pontevedra e o traballador minucioso no seu pequeno taller.
Nestas datas, pasarán na televisión centos de filmes nos que se repetirá unha escena moi semellante á esta na que me vin inmerso onte en Pontevedra por casualidade. Qué pena que non sexamos quen de desfrutar das cousas cotiás que temos próximas ate que nos faltan.
É por isto que quería facer unha reivindicación pola evidente e necesaria conservación da nosa incríble natureza, carballeiras, castiñeiras, regatos, praias,… pero tamén existen partes desta sociedade que é responsable da situación de emerxencia planetaria na que estamos inmersos, que merecen protección, e non só por a dinamización económica que poden traer consigo, nin só polo respeto e posta en valor das tradicións e usos tradicionais que nos permitiron ser o que hoxe somos, é importante conservar os reloxeiros por esos momentos máxicos como o de onte que este cuadro me fixo vivir e que probablemente se repita, gratis, esta mesma tarde e todas as tardes de Nadal sen ter que pagar a entrada do cine.
Posted by Comments
Isto é para os tolos. Para quen non encaixa. Os rebeldes. Os perturbadores. Para as clavixas redondas nas perforacións rectangulares. Para quen ve as cousas dunha maneira diferente. Non gustan das reglas e non teñen respeito ningún polo status quo.
Outros poden citalos, discrepar con eles glorificalos e difamalos. A única cousa que non se pode facer é ignorarlos porque eles cambian as cousas. Empuxan á raza humana cara adiante. E, namentres que algúns seguen a pensar que están tolos, outros vemos xenialidade. Porque a xente que está bastante tola para pensar que pode cambiar o mundo, son os que o terminan por cambiar.
Posted by Comments
Nesta edición do concurso Reclothes na que participaron deseños de Finlandia, Portugal, Hungría e España, a Fundación Galicia Sustentable colaborou coa organización do desfile que tivo lugar no pub A Novena Porta de Santiago de Compostela. Ademáis desta colaboración, o presidente da fundación, Juan Marcos Pérez Gulín) foi convidado a participar como xurado para a valoración do ciclo do deseño e o aproveitamento efectivo de materiais.
Trátase dun desafío aberto para que de forma individual ou en grupo, profesionais e afeccionados, poidan presentar traballos integrados nun conxunto de módulos adicados á reciclaxe para vestiario.
Tras o desfile internacional final, realizado onte en A Novena Porta o xurado decidiu outorgar os seguintes premios:
ver fotografias do evento
Atendendo ao esforzo demostrado por esta iniciativa xuvenil organizada no marco do programa Youth in Action, a Fundación Galicia Sustentable ten empezado os contactos para asumir o liderado para ofrecer unha garantía de continuidade e desenvolvemento a esta iniciativa.
máis información do proxecto Reclothes