Posted by Comments
Isto é para os tolos. Para quen non encaixa. Os rebeldes. Os perturbadores. Para as clavixas redondas nas perforacións rectangulares. Para quen ve as cousas dunha maneira diferente. Non gustan das reglas e non teñen respeito ningún polo status quo.
Outros poden citalos, discrepar con eles glorificalos e difamalos. A única cousa que non se pode facer é ignorarlos porque eles cambian as cousas. Empuxan á raza humana cara adiante. E, namentres que algúns seguen a pensar que están tolos, outros vemos xenialidade. Porque a xente que está bastante tola para pensar que pode cambiar o mundo, son os que o terminan por cambiar.
Desde a entrada en vigor da Lei 9/2006 de avaliación dos efectos de determinados plans e programas sobre o medioambiente, sometéronse á mesma un total de 138 concellos que representan o 46% da superficie total de Galicia e nos que se distribúe o 38% da poboación galega.
A Avaliación Ambiental Estratéxica é unha ferramenta que pode xogar un importante papel na planificación sustentable do territorio. Trátase dun instrumento flexible máis próxima á negociación que ao control e neste sentido debe ser adaptado ás diferentes realidades avaliadas. Para iso é necesario asumir un papel colaborativo máis que fiscalizador, un papel que permita o traballo conxunto entre planificadores e avaliadores para establecer un marco de traballo que se desenvolva por propia coherencia interna do proceso de planificación.
A través do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, foi a sociedade galega quen estableceu os criterios que se veñen aplicando aos plans e outros instrumentos de planeamento urbanístico e ordenación do territorio que supoñen uns importantes condicionantes estratéxicos no deseño que permiten traballar indiretamente sobre efectos coñecidos e previsibles.
Galicia ten un modelo de asentamentos humanos cuxa característica fundamental é a dispersión e é posible utilizar a Avaliación Ambiental Estratéxica das figuras de ordenación do territorio e do urbanismo para traballar por unha xestión eficiente desta característica. Isto se consegue introducindo condicionantes a modo de criterios no momento inicial da toma de decisións, como por exemplo:
• Fomentar estruturas densas, compactas e complexas ten efectos directos que limitan a dispersión.
• Reducir as necesidades globais de mobilidade da poboación lévanos necesariamente para propostas que reduzan as distancias entre puntos de orixe e destino.
• Requirir que se asimile o consumo enerxético por m2 habitable ao de tipoloxía de vivenda colectiva, ou se é o caso, redúzanse ou compensen os efectos previsibles dese exceso de consumo enerxético, fai replantear a opción pola dispersión e pola tipoloxía de vivenda unifamiliar.
• Vincular a ordenación ou os desenvolvementos urbanísticos á productividade do chan contribúe a reducir a dispersión evitando que se desenvolvan urbanizacións de características urbanas nun medio que non é o seu.
Estes e outros criterios fan reflexionar sobre os efectos das propostas sen xa que logo reducir a capacidade de decisión do órgano promotor sen intervir directamente sobre as mesmas e, sobre todo, garantindo que os efectos ambientais serán minimizados.