10
Jun

Somos bastante conscientes de que dende a perspectiva dos efectos ambientais, o coche non é unha boa alternativa para a mobilidade. Moito se ten escrito acerca disto, pero non tanto das consecuencias sociais e persoais que ocasiona pasar tempo metido nunha caixa metálica.

No coche, os problemas cotiás se acrecentan simplemente porque tes tempo para pensar en eles pero non podes facer nada por resolvelos xa que estas a conducir e, normalemente, o que queres é chegar ao teu destino para resolver o que teñas que facer. Neses intres de profunda reflexión, sempre vai haber alguén que pare diante nosa no medio da rúa para deixar baixar a alguén diante do portal da casa! É normal que te cabree que se coarte a túa liberdade de circulación e que este feito altamente insolidario provoque unha escalada de reaccións que vaian dende a desaprovación, aos aceleróns, as palabrotas, pitidos, insultos…

En serio, isto non é sano para quen conduce. Deberíase estudar (se non se fixo xa) o cambio dos criterios e niveis de percepción que temos cando entramos no coche. Segundo un estudo da Fundación BBVA (DURÁN, María Ángeles (dir.) El uso del tiempo en la vida cotidiana, Fundación BBVA, Madrid 2005) en España pasamos de media, arredor de 1h15m por día nos nosos desprazamentos e resulta que esa parada para deixar baixar a unha persoa diante da casa non chega aos 45 segundos.

Podes facer a proba. De agora en diante conta ata 60 cando alguén obstaculice o teu paso co coche e verás como na maioría dos casos antes de chegar a 45 o problema ten desaparecido. En Santiago de Compostela temos un semáforo que tarda moitísimo en poñerse en verde. Agora coa sinalización do tempo de paso para os peóns sabemos que son uns 80 segundos, algo menos de minuto e medio… unha eternidade, vamos!!

Vai resultar que o coche é unha comprobación empírica da teoría da relatividade un espazo de vacío temporal onde o tempo transcurre de forma diferente que provoca unha serie de reaccións nocivas para a saúde do conductor e para a construcción de sociedades cívicas, se non temos a paciencia de agardar uns segundos como se nos vai pedir que pensemos no longo prazo en outras decisións que son moito máis importantes.

1 Star2 Stars3 Stars4 Stars5 Stars (2 votes, average: 2.00 out of 5)
Loading ... Loading ...
Category : reflexiones generales | Blog
6
Oct

Esta mañana he escuchado un anuncio en la radio de Renault en el que se planteaba que con la última promoción de la compañía francesa pronto no sería necesario utilizar el metro…

Debo reconocer que desde la perspectiva de la concienciación ambiental, poco se puede hacer contra las grandes compañías que legitimamente copan todos los espacios publicitarios para vender sus productos. En especial en lo que se refiere a la industria automovilística, ya que cada vez que puedes ver un anuncio fomentando el uso del transporte público, estará rodeado (en el tiempo o en el espacio) de 6 o 7 anuncios de coches, así que la batalla publicitaria es una batalla perdida.

Sin embargo el ejemplo que acabo de comentar de Renault me parece excesivo. Ya no es suficiente con seguir promoviendo y defendiendo un modelo de transporte que no tiene mucho futuro sino que, como estamos en crisis, aprovechamos para atacar directamente a los medios de transporte público.

El pasado verano, en un viaje por la Patagonia pude ver este otro anuncio de Hertz que tampoco tiene pérdida.

Quizás no sólo deberíamos controlar la publicidad en su sexismo o en la promoción de conductas inapropiadas que no son buenos ejemplos, quizás deberíamos empezar a pensar en regulaciones para proteger los mensajes ambientales.

Por ejemplo propongo que se obligue a que en todos los anuncios de coches, se deba añadir una recomendación explícita que diga: “Por el bien del Planeta, utilice su coche sólo cuando no le quede otra alternativa”…

1 Star2 Stars3 Stars4 Stars5 Stars (No Ratings Yet)
Loading ... Loading ...
Category : iniciativas interesantes | reflexiones generales | Blog
7
Jun

Ir ao artigo en Vieiros

Interesante artigo que me provoca unha reflexión sobre o noso modelo de asentamentos e sobre a que non teño unha resposta clara pero que si me permitiría introducir algunhas consideracións importantes no tema da relación entre cambio climático e mobilidade.

Normalmente os estudos de mobilidade (como ao que se fai referencia do RACC) relacionan coches e medioambiente sen considerar un elemento fundamental que no fondo provoca os maiores dos efectos sobre o medio, isto é o sobredimensionamento das vías para a circulación de vehículos, sobre todo se facemos a sinxela comprobación de que máis estradas e autoestradas provocan importantes incrementos na utilización do vehículo privado particular.

Pola súa banda ao reflexionar acerca dunha solución que teña en conta exclusivamente os efectos do vehículo utilizado tendemos a considerar os vehículos eléctricos como unha posible solución. Neste caso se obvia que os coches eléctricos requiren de mineirais para fabricar as baterías que replican un modelo de explotación norte sur e que as recargas non solucionan os problemas das emisións namentres non se cambie o mix enerxético baseado en centrais alimentadas por combustibles fósiles. En calquera caso, esta opción precisa das mesmas estradas polas que circulen estes vehículos.

1 Star2 Stars3 Stars4 Stars5 Stars (No Ratings Yet)
Loading ... Loading ...
Category : reflexiones generales | Blog
---